Wednesday 15 de May de 2024

Concerto de aninovo da Escola Municipal de Música


O Concello de Ordes convida a todos os veciños e veciñas a participar no festival de aninovo que ofrecerán os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Ordes. O evento terá lugar o vindeiro sábado, 12 de xaneiro, ás 12 horas na Casa da Cultura. A entrada será de balde para todas as persoas que asistan.